Formoso apoia en Ribeira a manifestación contra o veto europeo á pesca de fondo e reclama “a unión de todas as administracións”

08 Outubro 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta tarde en Ribeira na multitudinaria manifestación convocada polo Consello Local de Pesca na praza do Concello da localidade contra a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo, que entra en vigor mañá domingo.

Formoso trasladou “o apoio total” da Deputación da Coruña ao sector pesqueiro, “un sector estratéxico para a economía da provincia da Coruña e de Galicia” e avogou polo levantamento total do veto imposto polo comisario europeo de Pesca, que considerou “inxusto”. Neste sentido, lembrou que a maioría dos caladoiros nos que faena a pesca galega están en bo estado e incluso recuperaron biomasa nos últimos anos. “O sector é o primeiro interesado en que a pesca sexa sostible, xa que disto depende o seu futuro”, afirmou o presidente provincial.

O presidente da Deputación instou a “unión da sociedade, de todas as administracións e forzas políticas” para “seguir dando a batalla desde todas as instancias en defensa da pesca galega”.

“Galicia non é nada sen a súa pesca. Hoxe mandamos unha mensaxe desde Ribeira á UE: estamos ao carón da nosa flota. Pedimos á comisión europea que dea un paso atrás e empece a respectar a pesca galega”, afirmou.

A Deputación da Coruña aprobou en pleno o pasado 30 de setembro unha declaración institucional, apoiada por todas as forzas políticas, na que expresa o seu firme rexeitamento ao regulamento que veta a pesca de fondo, considerándoo “arbitario” e “inxusto” e advertindo do “enorme impacto económico no noso país” que tería a aplicación da medida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.