O sector da pesca únese en Ribeira contra o veto europeo en 87 caladoiros. A parroquia recolle preto de 1.400 firmas en apoio o sector

08 Outubro 2022

Ribeira e Galicia berrou a tarde deste sábado contra o veto europeo á pesca de fondo en 87 caladoiros  do océano Atlántico que vai entra en vigor este domingo. 

Sector pesqueiro, partidos políticos e sociedade civil clamaron ao unísono: “Non ao veto europeo á pesca de fondo”

Representantes do sector e de todos os partidos políticos participaron este sábado en Ribeira nunha concentración contra a prohibición. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo equipo directivo da Consellería, participará na mobilización en apoio á frota galega e contra o veto europeo á pesca de fondo. Na praza do Concello

Ao redor dun milleiro de persoas concentráronse este sábado na Praza do Concello de Ribeira para reclamar a Bruxelas que dea marcha atrás ao veto á pesca de fondo, que entrará en vigor este domingo e que prohibe a actividade en 87 caladoiros do Atlántico. Na localidade coruñesa plasmouse a unidade tanto do sector como de todos os partidos políticos do arco parlamentario galego, con representación do BNG, do PSdeG e do PP.

Sobre as escaleiras da Praza do Concello de Ribeira tomaron a palabra representantes do sector, do concello e tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana. A representante da Xunta quixo lanzar unha mensaxe a Europa e sinalou que “o verdadeiro veto que están a tentar aplicar é sobre as persoas”. “Sen o mar morremos e por el non daremos nin un paso atrás e dicimos non ao veto europeo á pesca de fondo”, proclamou entre aplausos a conselleira do Mar.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, anunciaba en Vigo este xoves que finalmente quedarían fóra do veto 41 das 87 áreas afectadas. Horas máis tarde, Bruxelas corrixía as súas verbas e limitaba a exención ás zonas con menos de 400 metros de profundidade.

Con estes vaivéns, o sector afronta o futuro con moitas dúbidas. A Xunta calcula que o regulamento afectará uns 4.400 tripulantes galegos e terá un impacto global na economía da comunidade duns 816 millóns de euros.

Paralización da norma

Desde a súa aprobación e a publicación do regulamento, “por sorpresa” e a “mala fe”, segundo o executivo autonómico, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o propio Alfonso Rueda solicitaron a paralización e a revisión da norma, polos efectos socioeconómicos negativos que afectan sobre todo ás comarcas da Mariña, Ribeira e Vigo.

Esta semana, o Goberno central confirmou que vai presentar un recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, ao entender que é “unha normativa inxusta” baseada en información científica “insuficiente e anticuada”. 

Con todo, non formalizou unha petición de moratoria da súa entrada en vigor, polo que a norma estará vixente a partir deste domingo. Para interpoñer recurso ten de prazo ata mediados de novembro.

Por outra banda membros da ONG católica Cáritas e dos catequistas da parroquia de Ribeira, recolleron 1388 firmas!! en apoio do sector pesqueiro e contra contra o veto á pesca de fondo da UE, para elo instalaron mesas no atrio, na praza do peixe, na lonxa no malecon onde recolleron centos de firmas contra o veto á pesca de fondo da UE.

Desde a parroquia amosan o agradecemento de todo o equipo e do párroco Don Alfonso, polo apoio amosado e que é unha mostra mais da importancia do voluntariado parroquial.

Recollida de firmas de membros da Parroquia de Santa Uxía de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...