En Dodro rematada a recuperación e mellora da cuberta no Lavadoiro de Teaio

05 Outubro 2022

O Concello de Dodro informou de remate dos traballos para recuperar e mellorar a cuberta do Lavadoiro de Teaio. Previamente a estas obras o Goberno local apuntalara a estrutura da cubeta en 2021 co obxectivo de evitar riscos para a veciñanza (atopábase en mal estado). O arranxo propiamente dito implicou a retirada das tellas, a substitución da estrutura existente por unha banda e a reposición do teito. O Concello, para levar a cabo estes traballos, solicitara a autorización de Patrimonio (Xunta) a realización das obras, debido á inclusión do inmóbel na listaxe de bens do catálogo do PXOM de Dodro.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.