Galicia pon en marcha este luns o teléfono de atención administrativa para as persoas maiores de 65 anos

02 Outubro 2022

Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos. Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores, cuxo contacto cos computadores está moi por baixo da media da poboación.

Mañá luns 3 de outubro empeza a funcionar a liña da Canle +65, que no número 900 333 666 evitará a escoita de mensaxes automatizadas e a marcación de opcións, facilitándolles ás persoas maiores o contacto cun operador humano.

A Canle+65

O teléfono é unha das ferramentas da Canle +65, que ten como obxectivo romper coa fenda dixital e facilitar o contacto directo coa Administración galega e que inclúe servizos como a cita en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, ou a atención nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.

Nos centros de atención primaria do Sergas a atención telefónica para maiores de 65 ano priorizarase mediante un sistema automatizado. Este sistema permite que quen chama, en caso de que non poida ser atendido no momento, teña a opción de deixar algúns datos persoais co fin de que o operador sanitario, no momento en que quede libre, devolva a chamada con carácter prioritario.

Por outra banda, as Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia e as oficinas da Axencia Tributaria de Galicia contarán cunha atención telefónica reforzada, na que se priorizará a chamada, sempre que o usuario manifeste que é maior de 65, sen necesidade de escoitar mensaxes nin facer marcación. E, no caso de que unha persoa maior acuda sen cita, será atendida cunha cita ad hoc preferente con respecto aos restantes usuarios que, igualmente, acudan sen cita.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.