Alerta laranxa no mar até o venres pola tarde

07 Novembro 2019

Quen traballe ou se atope estes días no mar ou a carón do mar, cómpre que engada un punto extra de coidado, precaución e vixilancia. Dende este xoves 7 de novembro até as 18.00 horas de venres 8, a Xunta activou o aviso de nivel laranxa por mor, principalmente, de ondas que poden de superar os seis metros e do vento de noroeste que roldará a forza 7 de intensidade. Isto polo que respecta ao treito de costa comprendido entre Corrubedo e Ribadeo. O litoral pontevedrés ficará en aviso amarelo por ondas de até cinco metros. Podemos o parte do tempo en Meteogalicia, en formato PDF, no que se explican detalladamente as consecuencias da borrasca de 990 mb que nos afecta.

A Dirección Xeral de Emerxencias, ante as condicións marítimas adversas, lembra a conveniencia de seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal, polo que se aconsella “a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas”. E termos xerais, recoméndase ficar lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr “un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos”. Ademais, é preciso evitar aproximarse a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

No interior, activarase a alerta amarela por neve en zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense que se prolongará ata a tarde de mañá. Nestas zonas, agárdase acumulación de máis de 5 centímetros de neve en cotas en torno aos 1.100 metros.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.