A Casa Museo de Manuel Antonio recibe o mes de outubro cun obradoiro de marcapáxinas

27 Setembro 2022

A Casa Museo de Manuel Antonio (Rianxo) vai organizar estes días un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar. Celebrarase na mañá do sábado 1 de outubro no andar baixo do dito inmóbel, situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas.

Dende a área de Cultura recomendan reservar praza.Para máis información e facer a inscrición pódese contactar por teléfono no 698148569 ou por correo-e aos seguintes enderezos: museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal ou aulaactivadomar@concelloderianxo.gal ​​​​​​​.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.