Iniciado o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

26 Setembro 2022

A Xunta comezou as obras para o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro.

Os traballos, cun investimento de máis de 22.000 euros, teñen como fin mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11.

Executarase unha nova rede de pluviais para a recollida das augas que, mediante un colector, serán conducidas ata a rede de drenaxe na zona adxacente aos pasos.

Nesta obra, inclúese tamén a reparación e regularización do firme no interior dos dous pasos inferiores. Deste modo, evitarase que se acumule a auga no interior dos pasos, ademais de mellorar a circulación dos vehículos.

Ademais ao firme daráselle pendente cara á canle colocada á saída do paso. Realizarase o fresado duns 4 centímetros de capa de firme e regularizarase e estenderase unha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente.

A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica e reforzando a seguridade viaria.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.