Amicos leva a cabo unha limpeza costeira en Vilanova co apoio de Pan de Mar

23 Setembro 2022

A asociación comarcal Amicos levou a cabo dúas accións de concienciación medioambiental co
apoio da conserveira Pan do Mar. Estas accións tamén están enmarcadas dentro do seu Proxecto Remar III.

Na mañá deste 23 de setembro, o voluntario de Amicos, na compaña de veciños e traballadores de Pan do Mar, levaron a cabo unha gran recollida de residuos mariños na praia das Sinas, nesta acción recolléronse 6 quilogramos de plásticos, 11 de mestura e un1 de vidro. Un total de 18kg de residuos.

De xeito simultáneo, outro grupo de voluntarios achegáronse ao mercadiño de Vilanova para realizaren un labor de concienciación da necesidade de protexer as nosas costas facendo unha boa xestión dos residuos.

Desde a empresa Pan do Mar, Natalia Escourido, portavoz da firma, cualificou a actividade como “moi beneficiosa para a sociedade, pois “as accións que levades a cabo son relacionadas co medio ambiente e a recuperación das contornas mariñas e para nós como conserveira repercútenos.”

Miguel Beiro, responsábel de emprego e empresas de Amicos, quixo dar as grazas aos activistas ambientais da asociación e comentou que este 2022 “levamos recollidas en praias máis de 2 toneladas de lixo dentro do noso proxecto REMAR III. Así mesmo, aproveitou para dar as grazas por esta alianza xa que “é unha aposta para poder continuar realizando estas accións ambientais”.

Por último, Keltoi Caméan, técnico de Amicos apuntou que “o noso obxectivo debe ser reciclar os residuos de plástico recollidos de forma que se manteñan en circulación o maior tempo posíbel”. Para iso “realizaremos un taller de arte reciclada navideño o día 9 de decembro en Vilanova”.

RE-MAR III é un proxecto de custodia ambiental, impulsado pola Asociación Amicos para a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido do Arco Atlántico Gallego, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Preamar, co-financiado polo FEMP.

Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.

Outros artigos

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...