Martes de Entroido e San Ramón, festivos locais do ano 2023 en Boiro

23 Setembro 2022

O Concello de Boiro, na sesión plenaria do mes de setembro celebrada este xoves 22, aprobou os festivos locais para o ano 2023. Os festivos seleccionados no municipio como festivos para o seguinte exercicio son o 21 de febreiro, Martes de Entroido, e o 31 de agosto, San Ramón de Bealo.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade remitiu as festas laborais para o vindeiro ano 2023 de carácter autonómico e que serán o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Serán tamén festivos o 6 de xaneiro; 6 e 5 de abril; o 1 de maio; o 15 de agosto, o 12 de outubro; o 1 de novembro; e os días 6, 8 e 25 de decembro.

En base a iso, o Concello de Boiro determinou como festivos locais o día de San Ramón, 31 de agosto, e tamén o Martes de Entroido, que será o 21 de febreiro de 2023.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.