El Rincón del Chocolate e Casa Patrón, gañadores dos concursos de Artemar

22 Setembro 2022

Casa Patrón, na rúa Santa Uxía, e El Rincón del Chocolate, na rúa de Galicia, foron os establecementos gañadores dos concursos celebrados o pasado mes no transcurso da feira artesanal e mariñeira Artemar Ribeira.

El Rincón del Chocolate proclamouse vencedor no concurso de escaparatismo obtendo un total de 95 votos do total dos 400 que se emitiron. Neste certame participaron 24 establecementos.

Por outra banda, Casa Patrón resultou o gañador no concurso de decoración de locais hostaleiros. Obtivo 137 votos dos 372 que se emitiron, nesta categoría participaron 4 locais.

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz, xunto co concelleiro de Comercio Ramón Doval, fixo entrega do galardón a este último establecemento, que foi recollido por Manuel García (por causas de forza maior non foi posible entregalo esta mañá ao outro negocio premiado).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.