A ABE require ao Concello a posta en marcha de medidas de promoción económica urxentes

22 Setembro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) achegou un comunicado relativo á preocupante situación económica que estamos a vivir derivada dunha máis que negativa confluencia de factores encadeados: a COVID, a desorbitada suba de prezos dos combustíbeis e a enerxía,a guerra de Ucraína, a inestabilidade internacional e, agora, unha inflación disparada que fai aumentar os prezos de produtos e servizos. A patronal, ante esta realidade, solicita ao Concello “a posta en marcha de medidas de promoción económica urxentes”. No comunicado a ABE sostén “que os organismos públicos deben realizar un esforzo para tratar de paliar na medida do posíbel os efectos que esta inestabilidade provoca nas empresas”.

Trátase de dúas iniciativas concretas que a xuízo da patronal boirense “poden axudar en parte a mitigar estes efectos adversos”. Son as seguintes:

-Manter para o ano 2023 a exención do pago da taxa municipal por instalación de terrazas para o sector hostaleiro.

-O desenvolvemento dunha campaña de incentivación das compras coa emisión de bonos para utilizar nos sectores de comercio e hostalería (campaña como os Bonos Activa Comercio da Xunta).

A asociación que preside Daniel García lembra no comunicado que esta segunda proposta xa fora presentada e solicitada pola ABE no ano 2020 en plena pandemia e acordada a súa realización por parte do Concello para cando houbera orzamento dispoñíbel.

A ABE tamén se puxo a disposición do Concello de Boiro para analizar e implementar estas e calquera outra acción de promoción empresarial que se queira poñer en marcha e que “axude aos sectores produtivos locais”.

Daniel García, presidente da ABE

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.