Ribeira distinguiu os mellores xardíns das nove parroquias

21 Setembro 2022

O salón de plenos do Consistorio foi escenario este mediodía do tradicional acto do Día da Flor no que una no máis se distinguiron os mellores xardíns do municipio.
O evento estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz, quen expresou o agradecemento do Concello a estes veciños e veciñas por contribuír a engalanar as diferentes parroquias, o que fai tamén que moita outra
xente se anime a embelecer os seus xardíns. Tamén a concelleira de Medio Ambiente Elvira Pereira, salientou o gran labor realizado.
Os premiados en cada parroquia foron:

  1. AGUIÑO              Rosa María Pérez
  2. ARTES                Josefa Pérez Castro
  3. CORRUBEDO     Ana María Albariza Enríquez     
  4. CARREIRA          Manuel Silva Caamaño          
  5. CASTIÑEIRAS     Mª Ventura Pérez Ageitos   
  6. OLVEIRA             José Ayaso Orellán         
  7. OLEIROS             Ramona Vidal Pérez       
  8. PALMEIRA          Mª Jesús Paz Martínez   
  9. RIBEIRA             Juana Martínez Basoco  e Manuel Gude Fernández (recolle no seu nome Antonio Pérez).
    Premio especial
    Como cada ano tamén se outorgou un premio especial ás irmáns Pilar e María José Vidal, veciñas de Oleiros.
    Unha vez finalizada a entrega de obsequios, os asistentes (entre os que había representantes do grupo de goberno e dos grupos socialista e do BNG) sacaron unha foto de familia para inmortalizar
    este día.
Premio especial

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.