“Así vai a boia, compañeiro”. Antón Luaces

20 Setembro 2022

O mar fáise pequeno para os que infrinxen as normas e o peixe non  chega para os que non respectan as leis de sustentabilidade. No mar, desgraciadamente, a novidade está case que sempre nas infraccións. Polo tanto, infrinxir é o verbo que máis e millor de emprega na pesca.

Velaí:  dous pesqueiros españois faenaron durante un ano e medio perto de Gambia, e o outro español en augas de cinco países africanos e en alta mar durante sete mees,  un panameño e un australiano foron sancionados acusados de pescar ilegalmente na Reserva Mariña de Galápagos, na reserva mariña da Illa Heard e as illas McDonalds durante un ano. A administración española  sancionou ós pesqueiros “Releixo” e “Egaluze” con senllas multas de 20.000 euros por apagar os seus sistemas de identificación automática (AIS) en varias ocasión e sen xustificación, feito que se considera ilegal para os pesqueiros en España.

No período de catro anos analizado entre o 2012 e o 2016, as embarcacións desactivaron os seus dispositivos AIS durante máis de mil horas, circunstancia que non se modificou grandemente nos ùltimos anos.

Fresco Vanzini, asesor de Oceana, afirma que “esta exemplar sanción de 20.000 euros aos dous pesqueiros españois por apagar os seus sistemas de identificación automática (AIS) é unha importante ocasión para para ter máis transparencia no sector pesqueiro. Con estas accións a administración española envía unha clara mensaxe ao sector pesqueiro: non é aceptable navegar sendo invisible para os outros buques ou as autoridades de terceiros países e arriscarse a máis a unha colisión que poña en perigo as vidas dos pescadores”.-

Todos os buques pesqueiros de máis de 15 metros de eslora que enarbolen bandeira dun país da UE deben estar equipados cun dispositivo AIS  que transmita a ubicación , dirección e velocidade do barco mentres este permanece no mar- Os dispositivos que comparten os seus datos de posición son esenciais para evitaren colidir con outros e procurar a transparencia das operación pesqueiras. Non empregar o sinal AIS está considerado como unha infracción baixo a lexislación europea e tamén a española.

Os dous buques españois sancionados apagaron repetidamente o seu AIS sen ningunha razón durante un período total de máis de mil horas.

Apagar o sistema AIS sen motivos lexítimos de seguridade é unha práctica ilegal: viola a lexislación pesqueira da UE e impide detectar e sancionar a posible acción ilegal.

Queixármonos das normas ou leis que se aplican  no mar non é de recibo. Sobre todo cando os incumprimentos se dan  con frecuencia entre aqueles que reclaman atencións que se traducen posteriormente en delictos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...