Dúas persoas faleceron e outras dúas resultaron feridas ao colidir tres coches en Noia. Dous feridos noutro accidente na autovía en Rianxo

20 Setembro 2022
Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña intervindo nun accidente no corredor de Noia a Brion á altura de San Paio.

Dúas persoas, unha de Noia e outra de Oroso, perderon a vida nun choque no que se viron implicados tres turismos, na CG-1.5, á altura do punto quilométrico 27.

Ademais, outras dúas persoas resultaron feridas no sinistro. Unha delas foi evacuada nun helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e a outra persoa foi trasladada nunha ambulancia, tamén ao mesmo centro médico.

Ao fío das 16:00 horas, varios particulares alertaban do sinistro ao 112 Galicia.

De xeito inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose necesaria a súa intervención.

Cómpre sinalar que, para asegurar as condicións de seguridade na CG-1.5, foi necesario desviar o tráfico tanto na saída 27 como na 19. A estrada quedrou aberta novamente á circulación pasadas as 8 da tarde.

Por outra banda dúas persoas resultaron feridas esta mañá, ao redor das 12.00 horas, despois de sufrir un accidente na autovía de Barbanza. O coche no que circulaban acabou envorcado e os seus ocupantes foron trasladados por unha ambulancia do 061 ao hospital.

Nas tarefas de rescate interviron unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuou este mañá xunto á Garda Civil, RTSU de Rianxo, e persoal sanitario do Centro de Saúde de Boiro, SMPC Boiro no mantemento da estrada en accidente con feridos na AG-11 no Concello Boiro.

A.D.C.Bomberos Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.