O Concello de Boiro demanda á Xunta que arranxe as incidencias no transporte escolar

17 Setembro 2022

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, mantiveron unha xuntanza co xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Antonio Álvarez, e o xefe de servizo de Mobilidade, César Concheiro, e a empresa adxudicataria para trasladarlles as demandas e incidencias do transporte público no municipio.

Entre as peticións trasladadas ao Concello pola comunidade educativa están os atrasos na hora de chegada e recollida dos centros; a suspensión de paradas ou o cambio doutras… “Nos primeiros días de curso chegáronnos numerosas queixas sobre o transporte escolar por parte da dirección dos centros e das ANPAs, polo que lle trasladamos a Mobilidade todas as demandas para atopar solucións”, recoñeceu o alcalde.

Ademais das incidencias no transporte escolar, no desenvolvemento da xuntanza o alcalde fíxolles chegar outras demandas nas liñas regulares de transporte que comunican o municipio con outros concellos limítrofes. Algunhas das principais reclamacións das persoas usuarias son o non cumprimento dos horarios de recollida e paso polas paradas e tamén as conexións de Boiro coa zona sur da comunidade e tamén as conexións con Noia.

“Hai unha gran cantidade de desprazamentos entre Noia a Boiro polos servizos compartidos entre ambos municipios como o conservatorio, a Escola de Idiomas ou o SEPE e as malas conexións en transporte público fan que moitas persoas non poidan desprazarse para levar a cabo xestións”, afirmou o alcalde, que engadiu o seguinte ao remate da reunión: “A xuntanza foi moi frutífera, onde analizamos os principais puntos nos que hai carencias no servizo para traballar para melloralos e ofrecer á veciñanza un transporte público de calidade e que cubra as necesidades”, afirmou José Ramón Romero.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.