Éxito total da cuarta Marcha Ciclista Internacional de Outes

12 Setembro 2022

Este domingo 11 de setembro celebrouse finalmente a cuarta edición da Marcha Ciclista Internacional de Outes, unha convocatoria que veu acompañada dunhas condicións climáticas inmellorábeis e que recuperou o formato habitual de experiencia deportiva aberta, lúdica, participativa e activista logo das restricións da crise pandémica. A quedada, organizada novamente polo Club Revoltas, contou coa colaboración do Concello de Outes. Os impulsores da cita agradeceron a colaboración de Protección Civil de Outes e da Policía Local e sobre todo “das familias e persoas que participaron”.



A quedada saíu do CEIP de Outes en dirección até Santo Ourente para volver logo case polo mesmo camiño. Foi, en palabras da organización, “o clásico percorrido que tanto gustou nas edicións previas á COVID”. Unha vez máis, apostouse pola velocidade reducida para lograr “a máxima participación”, con xente de todas as idades e condicións físicas (de aí o de “interxeracional”).
En Santo Ourente os ciclistas participantes desfrutaron dun avituallamento para recuperar folgos e volver con forza. Ao regreso, no colexio da Serra, houbo outro avituallamento para poder repoñer forzas cuns pinchiños.
Todo o percorrido foi por estradas secundarias e apto para calquera tipo de bici.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.