A Xunta enxalza o potencial da Feira Gastromar Ribeira na difusión da calidade dos peixes e mariscos galegos

10 Setembro 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na inauguración da I edición da Feira Gastromar, iniciativa impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira para promocionar os produtos do mar capturados pola frota local. Alí destacou o potencial deste evento para poñer en valor os produtos do mar de Galicia e dar a coñecer os seus beneficios nutricionais a través da gastronomía, así como impulsar a súa demanda e os seus prezos.

Este evento, no que participan outras entidades da zona vencelladas co sector marítimo-pesqueiro e que conta co apoio da Xunta de Galicia, busca difundir os produtos do mar capturados pola frota local como o xurelo, a xarda, o lirio, a sardiña, o polbo, o choco, o congro, o mexillón, a navalla ou a ameixa. Ao mesmo tempo, tamén ten como fin promocionar a cociña local. Con ese obxectivo, esta feira, que se celebra desde hoxe ata o luns, día incluído, ten programados diferentes obradoiros, demostracións e degustacións de receitas elaboradas con peixes e mariscos e que inclúe tamén a participación de foodtrucks.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.