A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e Ribeira

08 Setembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou hoxe as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e Ribeira, que suporán un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.

Trátase do reforzo do firme no treito que une Noia e Ribeira pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850, onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera.

Os traballos, cun prazo de 6 meses, suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente en temporada de verán.

Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade dos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións.

A intervención está encamiñada á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme, adecuándoa ás súas necesidades funcionais e de durabilidade.

O contrato tamén recolle a execución dun cambio de sentido no punto quilométrico 88+500, así como a formación dun carril central de espera para o xiro á esquerda no quilómetro 92+500, para o que será necesario ensanchar a estrada AC-550 cara á súa marxe esquerda.

Tamén se executarán pequenas melloras de drenaxe, limpeza de gabias, sinalización, balizamento e defensas.

Estas obras están incluídas no Plan de Reforzos de firme que está a desenvolver o Goberno galego co fin de manter as estradas autonómicas en boas condicións e garantir desprazamentos máis cómodos e seguros aos usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.