Campaña de recolecta de material escolar organizado por Novas Xeracións da Pobra

06 Setembro 2022

Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal fixo entrega a organización Cáritas do material escolar recolectado durante varios días nos Xardíns Valle Inclán.

Debido as inclemencias meteorolóxicas, tamén contaron con 4 comercios colaboradores, 4Eco Barbanza, Seguros Catalana Occidente, Carrefour Express e a Estación de Servicio Xunqueira, que habilitaron no seus establecementos puntos de recollida para as numerosas doazóns de material escolar da veciñanza.

Miguel Rivas, vicepresidente de Novas Xeracións, e o militante Carlos Ríos, fixeron entrega do material escolar recolectado aos representantes e pesidentes de Cáritas das diferentes parroquias do concello.

A presidenta de Novas Xeracións, Marta Fernández, sinala que esta actividade leva desenvolvéndose con moito éxito entre a veciñanza dende fai 5 anos.

Dende a organización Xuvenil queren agradecer a todos os veciños a súa colaboración que permitíu recolectar gran cantidade e variedade de material escolar, destacando libretas, estoxos, boligrafos, lápices, gomas, compases etc. Así como a boa vontade dos diferentes comercios colaboradores por permitirlles dispoñer dun pequeno espazo nos seus locais para recoller dito material.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.