O Polígono de Rianxo suma novas empresas e avanza en sustentabilidade e accesibilidade

01 Setembro 2022

A entidade SEA, Solo Empresarial do Atlántico, vén de pechar a instalación de novas empresas no Polígono do Te, en Rianxo (un dos 13 parques empresariais que xestiona en Galicia), e avanzou co Concello en implantar máis medidas de sustentabilidade e accesibilidade. Así o deu a coñecer a xerente da sociedade SEA, Beatriz Sestayo, durante unha xuntanza celebrada este 1 de setembro co alcalde Adolfo Muíños, e máis a tenente de alcalde Mari Carmen Figueira. Os acordos con empresas cerrados por SEA, dixo, faranse públicos tras a súa aprobación no Consello de Administración, que se celebrará neste mes de setembro.

Ocupación

Segundo os datos expostos por SEA no Concello, a ocupación desta área industrial multiplicouse nos últimos anos. Só en 2021, sinalou Sestayo, adxudicáronse ata 18.580 metros cadrados, distribuídos en 4 parcelas, das que 2 foron adquiridas por Conservas Cerqueira (11.548 metros cadrados que sumou aos 24.896 comprados en 2020). A compañía, unha das máis importantes do sector conserveiro en Galicia, xa iniciou o proceso de construción das súas novas instalacións.

Outras das empresas que adquiriron solo en 2021 foron Potel Torres e Grúas Orbutráns.

En palabras de Sestayo, “a boa dinámica do parque empresarial de Te proseguiu nos primeiros seis meses de 2022, nos que xa se adxudicaron (pendentes de sinatura ante notario) ata 10.332 metros cadrados a outras 3 compañías”.

Unha das parcelas, de 4.703 metros cadrados por importe de 327.780’28 euros, foi adxudicada a unha empresa de reciclaxe.

Outra parcela, de 2.897 metros cadrados, foi reservada por unha compañía de maquinaria e unha terceira parcela, de 2.732 metros cadrados, por unha unha firma do sector pesqueiro.

A maiores, durante o último trimestre, pecháronse novas operacións das que se informará ao Consello de Administración de setembro.

O parque empresarial de Te en Rianxo conta cunha superficie bruta de 317.728 metros cadrados e neta de 201.864 m².

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

Un estudio realizado pola Fundación Santa María La Real, entidade sen ánimo de lucro,“privada e independente”, identifica, define e cataloga vinte e catro tipos de paisaxediferentes nas cinco Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño de SantiagoFrancés, que...