“Un océano de mortos cheo” – Antón Luaces

31 Agosto 2022

Un Atlántico norteafricano no que, aló polos anos 50, nunca aparecían as Illas Canarias debido a que nos mapas físicos ou políticos de España ou a Península Ibérica sempre aparecían nun recadro situado no Mar de Alborán por aquilo de aforrar espazo, despide un día si e outro tamén a moitos cidadáns dunha sedenta e famenta África que todos os días percura un traballo que, entende, só pode atopar no reino de España. Nese andar sempre errado, sempre ten diante un valo que os que aquí veñen nunca sitúan no mar. E o Atlántico existe, por máis que, en parte, sexa un mar que denominan Mediterráneo, como referente para citar o paso de milleiros de pateras, caiucos e outros artiluxios que, debido flotan, os africanos coidan que son os seus salvavidas.

Canarias sempre foi o seu obxectivo, por máis que moitos foron os que, por acadalo, perderon a vida no intento.

O pasado 28 de agosto de 1994 chegou ás coñecidas como Illas Afortunadas a primeira patera con migrantes africanos. A bordo desa patera viñan dous xoves saharauís que poñían os seus pés en Fuerteventura. Outras moitas persoas chegaran antes a España a través do estreito de Gibraltar; pero ata ese momento ninguén lles dixera que a ruta canaria era unha das máis perigosas do mundo: relativamente doado entrar nela e sempre, sempre, duro, moi duro, poder saír dela con vida. Sábeno ben os centos de mariñeiros galegos que, dende vai máis dun século, faenan no chamado banco sahariano.

A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) afirma que a falta de vías legais e seguras, así como a externalización de fronteiras, obrigou aos migrantes a tomar rutas cada vez máis arriscadas e mortais para as persoas refuxiadas e migrantes, como é a que se dirixe hoxendía a Canarias. O “valo” ao que se enfrontan nesta ruta migratoria non é de 10 metros de altura como os de Ceuta ou Melilla senón un “muro” de máis de 100 quilómetros de Océano Atlántico que se traga anualmente moitas vidas. Tantas, que CEAR o resume deste xeito: por cada 3 persoas que chegan, 1 persoa morre na travesía ás Illas. En 2022 polo menos foron 328 as persoas finadas. E hai medidas que poden evitar esas mortes. Pero non se aplican, nunca se aplicaron: todo se deixa ao chou, cando ningún ser humano ten que xogarse a vida no mar.

Antes era o Atlántico un océano cheo de peixes. Agora é un cemiterio no que hai máis migrantes que pescadores afogados-

Pero que máis dá? Ese océano ten cabida para moitos mortos máis.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...