Na Pobra as bancadas do estadio municipal da Alta locen a bandeira do Orgullo

30 Agosto 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de impulsar unha nova acción para o fomento da igualdade
e a visibilidade da diversidade no ámbito deportivo. Así, as bancadas do estadio municipal da Alta locen de maneira permanente as cores da bandeira do Orgullo. Preténdese facer fincapé na vinculación dos valores do deporte e a igualdade nun espazo moi concorrido por distintas xeracións. “Promover valores de empatía, solidariedade e respecto ás persoas” son os obxectivos, tal e como incide a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), ademais da importancia de “dar visibilidade á diversidade sexual e que esta sexa respectada e entendida.”
A súa homóloga dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), explica que se trata dunha actuación focalizada “na promoción dunha actitude de respecto no deporte e dar visibilidade a un dos dereitos humanos como é a diversidade sexual.” Engade que “pensamos que ter a bandeira de forma
permanente nunha instalación municipal e promover este tipo de actitudes é do máis apropiado.”
Ámbalas edís indican que non se trata dunha acción meramentesimbólica; senón que se suma á serie de iniciativas postas en marcha pola Administración local para sensibilizar e educa-la sociedade neste aspecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.