Boiro inviste na execución de beirarrúas e servizos na Pedra da Bouza

30 Agosto 2022

O Concello de Boiro saca a licitación, por un importe de 185.709,75 euros o Proxecto para a execución de beirarrúas e servizos (beira este) no lugar da Pedra da Bouza. As actuacións vanse financiar mediante o Plan Único Concellos (POS+2022) da Deputación da Coruña.
As actuacións que se pretenden levar a cabo con este proxecto son a execución dunha beirarrúa no lugar de A Pedra da Bouza, na parroquia de Abanqueiro, seguindo o trazado das estradas existentes.
A finalidade desta actuación é dotar de seguridade viaria aos peóns que circulan entre o núcleo da aldea de A Pedra da Bouza e a estrada de Boiro a Abanqueiro, que discorre pola vía Saltiño-Boiro e continuidade da estrada da Aldea de Graso. A solución adoptada pretende xerar unha beirarrúa peonil de 1,8 metros de ancho e a instalación de condutos para a recollida de pluviais e canalizacións de auga.
O Proxecto que está publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público para a presentación de ofertas para a súa licitación ata o 14 de setembro, ascende a un importe de 185.709,75 euros e forma parte dos proxectos que o Concello de Boiro executa con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña.

Google maps

Outros artigos

Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

Concello O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...