“De empresarios, sindicatos, goberno e cidadáns” – Antón Luaces

30 Agosto 2022

Houbo un momento no que os traballadores españois que viven dun salario mínimo interprofesional (1.000 euros mensuais dende xaneiro deste ano) entenderon que o Goberno que preside o socialista Pedro Sánchez e do que é vicepresidenta segunda e ministra de Traballo a galega Susana Díaz, collía dunha vez as rendas dun cabalo desbocado que non permitía o máis mínimo acougo ás familias que tiñan como referente eses mil euros para afrontar o día a día.

Foi, daquela, un salto importante que fixo medrar as ilusións dos moitos que agardaban que neste ano 2022,  outros saltos semellantes puideran producirse dada esa que semellaba certa connivencia entre o empresariado (a CEOE), os sindicatos (especialmente UGT e CC.OO.) e, entre uns e outros, Susana Díaz, filla dun uxetista galego, que ten ben aprendida a lección e que sabe en que poza se mete cada vez que, como ministra, asoma a faciana no BOE para, como agora acontece, coller a xovenca polos cornos e asumir que o seu papel -ás veces equidistante entre os sindicatos e o Goberno- non pode balancear no arrandeadoiro da CEOE.

Na hora da verdade, o Goberno de Pedro Sánchez atópase na mesma disxuntiva: quere e non pode. De seu sería, disque, dar un empurrón a ese Salario Mínimo Interprofesional, mais as circunstancias económicas do país, cuns prezos insoportables para unha boa parte dos cidadáns españois que fan números para non entrar nun fondo e insoportable declive, impiden que esa desexada realidade chegue a bo porto.

Son causas alleas a este Goberno. Tan alleas como o son para o pobo, que escoita e prepara o seu ser para debater e, se fai falta, saír á rúa tras os sindicatos para lle dicir á patronal que resulta imposible vivir cos salarios actuais porque os prezos os afogan, cuestión que tamén os empresarios poñen encol da mesa para se negar a aceptar, de entrada, unha suba salarial que non sería senón un chanzo máis na escaleira da economía que a todos nos afecta, certo é que a uns máis que a outros.

Con este panorama, unha comisión de expertos vai reunirse este venres co obxectivo de acordar a cantidade que se deberá subir para estabelecer un novo salario mínimo interprofesional (SMI) partindo dun salario medio de referencia que, en función dos cálculos do ano  pasado, debería ser de 1.049 euros. Un cálculo que agora deberá ser actualizado, sobre todo tendo en conta que, para Susana Díaz, eses 1.049 euros sería a cantidade tope mínimo para facer fronte á galloupante inflación que a todos nos atinxe.

Non  vai ser doado atopar unha saída a este grave problema. E sen embargo algo hai que facer: calquera cousa menos quedar man sobre man e deixar “que inventen eles”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.