Comuneiros piden a Fiscalía que investigue o dispositivo no gran incendio do Barbanza

28 Agosto 2022

Segundo recolle a axencia Europa Press Comuneiros da serra do Barbanza remitiron un escrito á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia para solicitar que abra unha investigación sobre o operativo do gran incendio forestal iniciado en Boiro o xoves 4 de agosto e que arrasou 2.200 hectáreas.
A demanda parte das comunidades de montes do Barbanza e da Mancomunidade Serra do Barbanza, que consideran que a forma na que foi xestionado o operativo anti incendios agravou as consecuencias dun lume que foi extinguido unha semana máis tarde da súa declaración na tarde do 4 de agosto na parroquia de Cures.

O lume terminou por afectar a gran parte da serra do Barbanza e acabou alcanzado a parroquia de Xuño, no municipio de Porto do Son. Os comuneiros reclaman á Xunta transparencia e que dea a coñecer o plan de actuación das tarefas de extinción “desde o minuto cero”.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...