“O que deixa Núñez Feijóo en Galicia non o avala en España” – Antón Luaces

24 Agosto 2022

Houbo unha vez que moitos galegos creron que o sucesor de Manuel Fraga Iribarne na presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, igualaría e mesmo superaría o labor realizado nesta Comunidade Autónoma durante o seu mandado polo ex-ministro de Franco. Tan é así, que cando o Partido Popular (PP) elixiu sen apenas oposición a Núñez Feijoo como o seu presidente nacional -deixando vacante a presidencia do partido en Galicia e a da Xunta- daba un paso decisivo para retomar a presidencia do Goberno español.

De feito, nada máis chegar a Madrid Núñez Feijoo e comezar a facer e desfacer no ámbito nacional do PP, xornais, emisoras de radio e televisión da capital do Estado comezaron unha que moitos cualificaron de campaña

de apoio a un líder nacional sen máis referencia plausible para ela que a súa reeleción continuada nas tres últimas convocatorias electorais en Galicia.

Pero eses medios de comunicación calaron o que agora clarexan aqueles que máis souberon -por experimentalo en carne propia- e gardaron para mellor ocasión: o que Feijoo deixou no territorio de Galicia e que estes e outros xornais, radios e televisión calaron en moitos casos: non houbo méritos abondos para levar ao cumio da política nacional a que deixa tras de si importantes eivas que non sempre se explicaron na Comunidade Autónoma que, entre as transferencias do Estado asumidas, ten a Sanidade. E neste eido, as carencias son notorias: un Xulgado de Cambados investiga a morte nun aparcadoiro do Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar (Sanxenxo) ao que a trasladou a súa parella nun coche porque o Sergas lles fixo saber que non dispuña de ambulancias para recollela. A familia desta muller presentou denuncia dos feitos ante a Garda Civil. Un legado que lle quedou a Rueda, se ben este, como vicepresidente, debería ter sabido o que acontece nos hospitais e centros de atención galegos, rexentados pola Xunta, de xeito moi evidente durante o verán e, especialmente, no mes de agosto de cada ano.

Así, en agosto do año pasado, un home morreu asfixiado no seu propio vómito após acudir ao seu centro médico na Estrada. O único médico  de garda non estaba no seu posto debido que tivera que abandonar este para asistir unha urxencia.

Son dous exemplos dun ingoberno que non contabilizaron (ou non se tiveron en conta) para elevar aos “altares” da política nacional a quen tanto oco deixaba no seu currículo como presidente galego.

Non é de estrañaar que o BNG, principal partido da oposición, fale de “caos sanitario” en Galicia e que esixa a comparecencia no Parlamento autonómico do actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  para que xustifique (se pode xustificarse) o acontecido.

O propio BNG cifra en 40.000  os doentes que agardan por unha intervención cirúrxica, e máis de 85.000  os que están á espera dunha proba diagnóstica.

Sen entrarmos noutros Eidos da política galega.

Outros artigos

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

+

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

+

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...

+

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión