A Aula CeMIT de Ribeira acolle en setembro un programa de dixitalización para mulleres

24 Agosto 2022

A Aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida ao longo do mes de setembro a un programa de formación dixital dirixido a mulleres, encamiñado a combater a fenda dixital de xénero e avanzar na plena capacitación tecnolóxica da poboación feminina, agravada trala pandemia.

Este programa conta de cadanseus bloques de 40 horas cada un, que versarán sobre competencias dixitais básicas, destinado ao desenvolvemento dixital para a vida cotiá (do 1 ao 15 de setembro) e competencias dixitais avanzadas (desenvolvemento de estratexias dixitais para o traballo (do 16 ao 30). Ao remate as asistentes recibirán unha tableta de agasallo.

Pódese obter máis información no teléfono 881 820 345, no correo matriculas@mullerdixital.gal ou na web www.mullerdixital.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...