Dezaseis rapaces participaron no segundo Campionato Infantil de Fotografía de Peixes, en Río Azor (Palmeira)

23 Agosto 2022

A praia de Río Azor (Palmeira) deu acollida este domingo a segunda edición do Campionato Infantil de Fotografía de Peixes. certame organizado polo Concello de Ribeira en colaboración co Club Acuático Sotavento e englobado no calendario oficial de competicións deportivas da Federación Galega de Actividades Subacuáticas. A cita contou coa participación de 16 participantes, todas e todos menores de 15 anos, procedentes de municipios do Barbanza, así como Arteixo, Santiago, Ames e outros.

A proba tivo unha duración de dúas horas na que os contendentes puideron entrar e saír da auga cantas veces quixeron (tres deles aproveitaron todo o tempo dado) tentando fotografar o maior número de especies de peixes diferentes. Amais, a visibilidade resultou ser “máis que aceptábel”, segundo informou a organización, o “que permitiu tomar instantáneas e moi boa calidade”.

Durante a competición, e sempre para garantir a seguridade dos máis cativos, estes estiveron acompañados en todo momento por un adulto. Por outra banda, unha embarcación de seguridade estivo pechando o perímetro da competición para que ningunha embarcación se aproximara as boias dos participantes.

Finalmente, os tres primeiros por categoría (masculina e feminina, que recibiron os seus galardóns da man da concelleira de Educación Juana Brión) foron os seguintes:

1º Álvaro Costa Gude (22 especies)

1ª Uxía Lamas Márquez (9 especies)

2º Jairo Costa Gude (20 especies)

2ª Lara Pego (7 especies)

3º Jon García Ferreira (10 especies)

3ª Candela Rocha Gago (7 especies)

O resto de participantes foron Rubén Sampedro Filgueira, Lucas Santiago Millán, Mauro Santiago Millán, Raúl Sixto Vilas, Luam Chazo Rodriguez, Lucas Muñiz Saa, Lucas Álvarez Vidal, Erik García Ferreiro, Mauro Otero Núñez e José Manuel Olveira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.