“Hija de la Luna”, a maior homenaxe a Mecano, chega a Boiro

22 Agosto 2022

O Concello de Boiro continúa coas actividades englobadas na programación cultural para el verano 2022 con propostas para todos os públicos. O Parque de A Cachada de Boiro acolle este sábado día 27 ás 22.30 horas a actuación “Hija de la Luna”, un tributo a Mecano interpretado por Robin
Torres.
Definido pola crítica como “un regreso ao Mecano de 1992” ou “o mellor espectáculo sobre o grupo”, o proxecto Hija e La Luna naceu no ano 2016 como homenaxe ao grupo máis importante do pop español. O concerto ofrece ao público unha reprodución clonada que sobrepasa a homenaxe, converténdose en todo un espectáculo musical. Despois de 6 anos de xira con máis de 250 concertos en España e Latinoamerica, volve “Hija de la Luna” cun novo espectáculo, a xira protagonizada por Robin Torres nun eterno homenaxe a Mecano.
“Desanso Dominical” non foi so o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como a lenda que son hoxe para tantas xeracións. As cancións son acompañadas por un montaxe completamente renovado, tanto coreografías como vestiarios, como unha escenografía
brillante, ata o punto de que os músicos empregan a mesma marca e modelo dos instrumentos que no seu dia usaba a banda liderada polos irmáns Cano, creando unha proposta en escena espectacular que fará que se reencontren coa verdadeira escena de Mecano gracias ao mellor homenaxe que existe ata
a data e que os boirenses poderán desfrutar no Parque da Cachada.
Robin Torres asume sobre o escenario o papel de vocalista de Mecano.

O seu parecido a Ana Torroja é, sen dúbida, a clave do éxito deste grupo sevillano e que o diferencia de calquera outro tributo. Robin, que participou na edición de 2015 do programa “La Voz” de Tele5, recibiu numerosos eloxios pola súa calidade interpretativa por parte de grandes nomes como Alejandro Sanz,
Laura Pausini, Malú ou Antonio Orozco, ente outros. Meterse na pel de Ana Toroja supuxo para ela un reto interpretativo no que traballou durante meses para interiorizar cada xesto da cantante, cada coreografía, ata conseguir unha actuación perfecto do repertorio.
A actuación “Hija de la Luna” realizarase na pista central do Parque da Cachada de Boiro este sábado 27 de agosto ás 22.30 horas con acceso libre y entrada gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.