Proseguen as actividades do programa de emprego de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois (con formación a un centenar de persoas)

22 Agosto 2022

O Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón e Rois 2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) segue coa súa actividade nestes meses de verán.

Segundo veñen de lembrar dende o Goberno local de Dodro, o programa formativo e de capacitación (tecnolóxica, comercial, emprendedora, de autopromoción, de vendas, de trámites en liña, etc) está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos devanditos catro municipios, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten como finalidade “a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral”.

Ademais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están facendo diariamente, nunha segunda fase realizáronse as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar o currículo e a empregabilidade dos usuarios:

–Curso de procesos e sistemas loxísticos, de 46 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 21 de xuño ao 1 de xullo.

–Curso de operacións básicas de caixa, de 15 horas de duración, celebrado no Centro Social de Padrón, do 4 ao 6 de xullo.

–Curso de promoción do traballo autónomo e emprendemento, de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 21 ao 26 de xullo.

–Curso de trámites online para o emprego e o autoemprego de 15 horas de duración, na aula CeMIT de Padrón do 27 ao 29 de xullo.

Na actualidade estase impartindo na Casa da Cultura de Dodro o Curso de inglés para o turismo, de 60 horas de duración, que se iniciou o pasado 1 de agosto e rematou o 12 de agosto.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.