Cuñados proxéctase este venres en Rianxo

22 Agosto 2022

Os xardíns do Parque da Martela, en Rianxo, acollen este venres 26 de agosto unha nova sesión de Noites de Cine. Desta volta trátase da proxección do filme galego Cuñados. Comezará ás 22.00 horas. Trátase dunha longametraxe non recomendada para menores de 7 anos. Ten unha duración de 90 minutos.

Cuñados é un filme producido por Portocabo que, en clave de comedia, relata sobre as peripecias delitivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.

Duración: 92 minutos
Idioma: Galego (tamén dispoñible V.O.S.E e V.E.)
Ano: 2020
Localizacións: Ourense
Data de estrea: 9 de abril de 2021
Distribuidora: Filmax

EQUIPO ARTÍSTICO

Xosé A. Touriñán: Sabonis
Miguel de Lira: Eduardo
Federico Pérez Rey: Modesto
Eva Fernández: Mati
Iolanda Muiños: Cuca
María Vázquez: Peque
Mela Casal: Aurelia

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.