As novas tecnolóxicas do día de Código Cero

21 Agosto 2022
APE Galicia celebra en setembro dous cursos gratuítos para avanzarmos en dixitalización
APE Galicia (Asociación intersectorial e interterritorial de autónomos e pequenas empresas de Galicia) abriu o prazo de inscrición para dous cursos gratuítos sobre competencias dixitais. Serán dúas actividades online desenvolvidas en colaboración con Maude Studio e centradas en achegar formación tecnolóxica ás persoas autónomas e ás pemes da nosa terra. Celebraranse durante o mes de setembro.[ler máis]

En outubro teremos unha nova SEGA Mega Drive Mini en Europa
A primeiros de xuño SEGA anunciou que estaba a preparar unha nova Mega Drive mini para o mercado xaponés, e finalmente lanzan un vídeo amosando todos os xogos que incluirá á vez que confirman que esta consola retro a escala tamén chegará a Europa o 27 de outubro incluíndo 61 xogos.[ler máis]

O 23 de febreiro chega Death Stranding ao Game Pass
En 2019 o xogo Death Stranding de Kojima Productions causou sensación pola súa orixinal proposta narrativa e xogable, e aínda que o título estaba moi ligado á PlayStation 4 (pois publicouno para tal plataforma a propia Sony), en 2020 estreou versión para PC editada por 505 Games, e o vindeiro martes irá un paso máis aló, e incorporarase no Xbox Game Pass para PC, o que sorprende a moitos xa que supón un compromiso con Microsoft que poucos podían esperar dun título que veu a luz grazas ao apoio de Sony durante o seu desenvolvemento.[ler máis










 
· Zuckerberg anuncia que Horizon mellorará os seus gráficos
· AGADIC achega 194.000 euros á materialización de 19 proxectos audioivisuais, incluídas 2 webseries
· A Xunta licita o proxecto para dixitalizar o Laboratorio de Saúde Púbica
· Narón achega en setembro novas accións de capacitación TIC na Aula CeMIT de Xuvia
· Baiona habilitará dúas ducias de balizas electrónicas para achegar información turística aos móbiles

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.