Arrinca en Ribeira, Artemar, Feira Artesanal e Mariñeira do 18 ó 21 de agosto

18 Agosto 2022

A Feira Artesanal e Mariñeira Artemar regresa á cidade de Ribeira logo de dous anos de paréntese pola COVID. Farao entre os días 18 e 21 de agosto e cun amplo programa de actividades e propostas “para animar e dinamizar o verán no noso municipio”, comentou na presentación da axenda a concelleira de Cultura, María Sampedro, quen salientou a destacada cifra de postos de venda que se prevé (un cento de stands) e máis o completo programa de espectáculos culturais variados e para todos os públicos.

Apertura

A feira abrirá as súas portas este xoves 18 ás seis da tarde e a partir desa hora comezarán as actividades, con ruadas de música tradicional galega así como cun gran desfile das compañías participantes que rematará ás nove na praza do Concello cun pregón inaugural e a continuación a actuación dos grupos As Sivalveiras de Corrubedo e as Garridiñas de Castiñeiras da Asociación Amas de Casa.

Ao longo dos catro días de feira tamén porase en marcha os concursos de decoración tanto para o comercio como para o sector hostaleiro. O mellor escaparate en cada unha das categorías elixirase por votación popular, collendo unha papeleta no stand de Riveira Escríbese con V da praza do Concello. Os que participen recibirán unha rifa para o xa tradicional sorteo que faremos o último día da feira de lotes de conserva artesanal de FRINSA, que ten a ben colaborar sempre co Concello de Ribeira nesta iniciativa.

O peche da feira será o domingo 21 co gran sorteo ás nove e media na praza do Concello e o conxuro da Queimada, con degustación gratuíta ata esgotar existencias.

María Sampedro quixo facer un chamamento á cidadanía e visitantes para “que veñan vestidos de mariñeiros e mariñeiras á feira xa que a implicación de todos e todas é fundamental para seguir consolidando esta cita no calendario estival ao tempo que axuda a estimular as ventas no noso comercio e hostalería local”.

A concelleira relembrou tamén as orixes do evento (unha cita que naceu no ano 2007 como Feira Artesanal e Mariñeira, pasándose a denominar a partir de 2012 tal e como é coñecida no día de hoxe: Artemar Ribeira) e destacou os esforzos postos en xogo para acadar este ano a máxima visibilidade. De feito, dixo, “os postos estenderase ao longo das zonas peonís facendo un percorrido integrado polas rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Santa Uxía, Porta do Sol e praza do Concello, lugares onde haberá postos e paradas de diversidade de produtos de alimentación, artesanía, xoguetes, especies, instrumentos musicais, perfumería, etc. así como variados obradoiros en vivo demostrativos de oficios como os das redeiras, actividades infantís e contacontos, ao que se engaden espectáculos nocturnos que se celebrarán na praza do Concello que nesta edición será o punto principal da feira”.

Sampedro dixo tamén que este ano contarase novamente coa implicación das asociacións Riveira Escríbese con V e de Amas de Casa, que colaborarán durante os días da feira con distintas actividades así como coa colectividade de artistas que xuntarán cadansúas creacións na Tenda Galería O Faiado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.