“Suso de Foz” – Xulio Xiz

10 Agosto 2022

O catro de agosto de 2022 foi día de loito oficial en Foz pola morte de Suso do Bahía. Baixaron tristeiras as bandeiras dos edificios oficiais pola morte de Jesús Fernández López. Quedamos magoados, doridos, os seus numerosos amigos, polo pasamento de Suso de Foz.

Foi embaixador das xentes e terras de Foz desde os anos sesenta nos que a voz sonora de Suso, a súa presencia poderosa, o seu traballo incansable, as súas iniciativas luminosas o foron facendo imprescindible na vila “deitada rente ao mar” e, desde alí, “urbe et orbe” en calquera lugar onde se falara o idioma claro, sinxelo, amigable, dos que teñen “na fronte unha estrela” que os guía por vieiros difíciles de transitar polas persoas pero sumamente beneficiosos para o común das súas xentes.

Suso falou polas radios e escribiu nos xornais, publicou libros sobre Foz ou San Martiño, divulgou imaxes e historias do Foz de sempre, creou empresas e agrupacións de empresas, abandeirou iniciativas cidadás, xogou ao fútbol e axudou ao Asilo, e como froito dunha vida de dedicación e entrega a Foz acadou as máximas honras que unha cidade pode ofrecer, sendo Cronista Oficial e Fillo Predilecto do Concello de Foz.

Era dono, e isto é especialmente importante, do respecto e o agarimo de todos os focenses, e se os políticos de todas as cores o loubaron na súa desaparición física, as xentes de Foz recoñecían en Suso un irmán; un igual e á vez un ser superior; un industrial de éxito e un desprendido colaborador nas causas máis diversas… un gran home que só respiraba – e o seu corazón latía – ao ritmo de Foz.

Suso a Foz deullo todo. Por iso, Foz estivo e está de loito por Suso.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.