Teatro ao Cubo representa Ghop! este martes 9 na Boliña (Boiro)

08 Agosto 2022

Boiro vai acoller esta semana un novo espectáculo á medida da rapazada. Estamos a falar de Ghop!, unha función de maxia, teatro e circo que vén da man de Teatro ao Cubo para o desfrute do público infantil e familiar. Comezará ás 21.00 horas no lugar de A Boliña, na vila de Boiro.

Sinose

Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro ao Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

Ficha artística

Elenco: Sofía Espiñeira, Noel Fandiño e Roberto Casal
Dirección: Alfredo P. Muíño
Produción: Teatro ó Cubo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.