Todo listo para o agardado regreso da Festa Hortera de Porto do Son

05 Agosto 2022

O verán de 2022 pasará á historia como o verán no que regresaron os grandes acontecementos festivos que ficaron en paréntese pola pandemia e cuxo retorno agardabamos, precisamente, para esquecer o prolongado mal trago da COVID. Na listaxe de grandes acontecementos que semellan volver para facernos pasar un rato divertido entre adversidade atópase a Festa Hortera de Porto do Son (edición XXI), que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto, ou sexa, o venres 5 de agosto e o sábado 6.

O programa de actividades vén con todos os seus puntos fortes e algún máis de agasallo, incluído un concurso de playbacks que tivo aberto o prazo de inscrición a través do Facebook da festa (até o 3 de agosto), sendo necesario enviar unha mensaxe para confirmar a nosa asistencia neste singular certame onde, máis que cantar, premiarase e valorarase iso que se vén chamando posta en escena.

A festa comezará o día 5, venres, co desfile charramangueiro (hortera) que está previsto levar a cabo no Camiño Novo. O día 6 será o día grande da celebración, que tamén porá o foco nas novas xeracións de horteriñas (achegándolles xogos e obradoiros). O programa desta xornada inclúe o devandito concurso de playbacks, o desfile grande ou a carreira de tacóns. Máis datos no Facebook da festa.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.