Arrancan as Festas de Verán de Ribeira coa homenaxe a Manuel Ayaso e o pregón de Antonio R. Naranjo

03 Agosto 2022

Ribeira arrancou os seus cinco días de festas coa homenaxe a Manuel Ayaso tras o seu nomeamento pola Corporación como Fillo Predilecto de Ribeira, acto que tivo lugar en primeiro lugar no salón de plenos do consistorio, onde a artista e amiga de Ayaso, Eva Veiga, debullou os méritos que o avalan e tivo lugar a entrega por parte do alcalde do diploma que o acredita como Fillo Predilecto segundo decisión en pleno extraordinario do 10 de xaneiro de 2022.

Eva Veiga
Intervención de Manuel Ayaso

Manuel Ayaso asinouademais no libro de honra do Concello antes de baixar ata a praza do Concello, onde se destapou a escultura, obra de Jontxu Argibay, na súa memoria. A soprano Esperanza Mara puxo a nota musical o acto e pechou co himno galego.

Manuel Ayaso asinando e debuxando no libro de honra do Concello
O Alcalde Manuel Ruíz entregando o diploma de Fillo predilecto de Ribeira

Manuel Ayaso coa estatua que o homenaxea
A soprano Esperanza Mara, interpretando o Himno Galego

A continuación tivo lugar o pregón das festas por parte do xornalista Antonio Rodríguez Naranjo, con vínculos con Ribeira e con Aguiño desde hai 30 anos quen lembrou a vella cidade e como desde hai tres décadas está vinculado a vila aguiñense e como el mesmo manifestou na súa intervención cualificou esta terra como a mellor que existe para vivir. Posteriormente dou o tradicional chupinazo que puxo remate á celebración e inicio das festas e que foi seguida desde a praza por numerosos veciños da cidade.

O xornalista, Antonio R. Naranjo, durante o pregón das festas
Antonio R. Naranjo lembrando o seu vínculo con Aguiño
Manuel Ayaso e Antonio R. Naranjo no xardín da Praza do Concello coa escultura, obra de Jontxu Argibay

Cartel Festas de Ribeira 2022

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.