“Darío e Corcubión, Corcubión e Darío” – Xulio Xiz

03 Agosto 2022

Os concellos teñen protocolos para a concesión de honores, entre os que destacan a declaración de fillos predilectos dos que naceron no concello que teñen méritos públicos notorios, e de fillos adoptivos para similares méritos dos que naceron fóra.

Esas distincións precisan o inicio dun expediente que se someterá a votación do pleno municipal. O normal nestes casos é que o tema se leve con discreción, para que se hai dificultades para o acordo non transcendan ao público, sendo convinte o consenso previo para evitar sorpresas.

O caso de Corcubión, que declarou fillo adoptivo a Darío Xohán Cabana a título póstumo, é exemplo claro de que hai que consultar primeiro antes de outorgar un agasallo que pode estar envelenado, ou non ser convinte, a xuízo da familia, que é soberana.

Parte dos grupos do concello quixeron facer Fillo Adoptivo a Darío polos seus anos en Corcubión, e se foi erro grave non consultalo coa familia, foi despois non lograr a unanimidade imprescindible na Corporación. A familia rexeitou a distinción, e o Concello veuse na obriga de anulala,

Se investigasen, saberían que Darío non estivo a gusto en Corcubión os últimos tempos, e hai testemuñas, e xa que o antigo alcalde ameaza cunha querela contra a familia por insinuar que non estivo a gusto baixo as súas ordes, vese que tampouco investigou abondo o que daquela alí ocorría. Darío veu para Lugo contento por volver á terra, pero tamén polo cambio de ambiente. A súa familia ten razón. Sabendo o que sabemos os amigos, Darío non aceptaría ser Fillo Adoptivo de Corcubión. E a familia tiña, ten, o deber de respectar o seu sentir.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.