O PSOE ribeirense e a agrupación Suma Ribeira veñen de asinar un comunicado conxunto no que rexeitan a elección da persoa elixida para oficiar o acto inaugural das Festas do Verán e explican as súas razóns para non participar no mesmo. Os dous grupos lembran que sobre o pregoeiro convocado este ano (o xornalista Antonio Rodríguez Naranjo) “hai sentenzas firmas na súa contra por ter feito acusacións falsas sobre o xornalista Máximo Pradera, como telo acusado de maltratador, e por agresións físicas e máis verbais”.
E engaden: “Consideramos que a persoa pregoeira das Festas debe ser unha persoa que, máis aló de consideracións ideolóxicas, sexa respectuosa e defensora de dereitos e valores democráticos”. Porén, esgrimen, “este pregoeiro realizou declaracións públicas nas que acusou ao periodista Máximo Pradera de maltratador, por telo agredido verbal e fisicamente”. As agrupacións recordan que estas manifestacións, segundo sentenza da Audiencia de Madrid confirmada o polo Tribunais Supremo e ratificada o pasado mes de febreiro polo Tribunal Constitucional, foron feitas “con conocimiento de que lo transmitido era falso, o con manifiesto desprecio hacia la falsedad de la noticia”, dicindo ademais a sentenza que “ha comunicado una serie de circunstancias, fácticas y no fácticas, con conocimiento de que lo transmitido era falso o con manifiesto desprecio hacia la falsedad de la noticia, sustituyendo una verdad objetiva, empíricamente constatable, por una verdad subjetiva”… “por lo que hace a la emisión de juicios de valor, al comunicador se le exige también la obligación de respetar la buena fe”.



