Xoán Curiel presenta “Treides comigo” este luns en Rianxo

01 Agosto 2022

O músico galego Xoán Curiel estará este 1 de agosto en Rianxo para ofrecer a veciños e visitantes o seu espectáculo Treides comigo. A cita será na praza Rafael Dieste, a partir das 21.00 horas. Trátase dunha nova proposta de Xoán Curiel, creada a partir de cantigas medievais compostas por trobadores galegos.
O compositor e cantante Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas para crear este novo traballo discográfico. Trátase dun proxecto abeirado ao Fondo de Proxectos Cuturais Xacobeo 21 impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión