Rosa Quintana destaca a declaración de interese galego da Festa do Percebe de Aguiño como un recoñecemento á posta en valor dos produtos do mar

31 Xullo 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou hoxe a importancia de eventos gastronómicos como a Festa do Percebe de Aguiño para enxalzar a calidade dos produtos do mar de Galicia e dalos a coñecer en todo o mundo.
Neste sentido, destacou a relevancia dunha cita que chega este ano á súa XXIII edición co fito de ser declarada o pasado maio como festa de interese turístico galego polo Consello da Xunta. Con este recoñecemento o Executivo galego pon en valor a lonxevidade dun evento vital para a promoción deste crustáceo e a cita gastronómica máis importante para o concello de Ribeira.
A titular de Mar destacou que este distintivo supón un recoñecemento á confraría de pescadores de Aguiño-Carreira e ao concello da localidade así como ao traballo dos percebeiros polo seu arriscado labor e ao propio percebe, pola súa excelencia. Rosa Quintana tamén tivo unha mención especial para o artista Manuel Ayaso e para a integrante do grupo Tanxugueiras Aida Tarrío, ambos orixinarios de Aguiño e que foron declarados Percebeiros de Honra por levar o nome da localidade a todos os lugares nos
que expoñen o seu saber facer. A XXIII Festa do Percebe de Aguiño prevé repartir arredor dunha tonelada deste crustáceo e outros produtos como empanada caseira, churrasco e polbo acompañados de viños galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.