Volve o Festival Antrospinos con concertos por mar e terra

29 Xullo 2022

Este sábado 30 de xullo regresa o Festival Antrospinos ao Campo Maneiro con actividades en Taragoña durante toda a xornada. Trátase dun dos grandes eventos musicais da tempada estival na nosa comarca, que volve con forza neste contexto COVID cun programa de actuacións moi destacado (nesta orde, a partir das 20.00 horas, De La Cruz Show, Boroa, Familia Caamagno, The Lelli Kelly’s e Collón de Lola, finalizando a xeira musical un equipo de DJ. A festa comezará ao mediodía, ás 11.45, a bordo da goleta Evangelina, con porto en Rianxo, e coa vertente musical a cargo de Boroa. Logo será a sesión vermú e máis o xantar popular. Máis datos no Facebook da Asociación Antros Pinos, entidade organizadora. O festival conta coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...