O Concello de Boiro propón o aumento en 12.000 euros nas subvencións nominativas a entidades sociais

27 Xullo 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate no pleno que se celebrará o vindeiro xoves unha proposta de incremento nas nominativas que a entidade local concede ás entidades sociais. En total incrementase en 12.000 euros o importe destinado a subvencións nominativas a entidades sociais con respecto a 2021.

“Continuamos a fortalecer a rede de servizos sociais do Concello de Boiro e este ano, ademais do aumento na partida orzamentaria destinada a estas entidades, incorpóranse outras novas que prestan servizo no noso municipio”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero. Neste ano concédense subvencións nominativas ás entidades Ambar e Renacer, para impulsar o seu traballo no municipio.

O Goberno local lembrou que o aumento das contías e os conceptos de xustificación foron previamente acordados coas entidades co obxectivo de “axustar os recursos públicos ás necesidades das asociacións”. Segundo informou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, “colaboramos durante todo o ano coas entidades sociais en beneficio dos boirenses, ese é o noso camiño a seguir, un camiño conxunto de cooperación e colaboración para apoiar e impulsar ás familias”.

Ademais de ampliar o orzamento destinado ás axudas, modifícanse os conceptos e forma de xustificación para que as entidades poidas destinar máis servizos de apoio ao Concello, motivados pola evolución da poboación e as súas necesidades. “O Concello de Boiro, traballando en conxunto coas entidades sociais, é capaz de achegar moitos máis recursos á veciñanza”, recoñeceu o concelleiro.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, falarán máis polo miúdo das axudas este mércores 27 de xullo a partir das 13.30 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.