“Polo mar abaixo vai”. Antón Luaces

26 Xullo 2022

Somos moitos neste país os que lembramos cativos de 7, 8 ou 9 anos traballando a bordo de embarcacións pesqueiras do día.

Sí, eran outros tempos. Tempos de fame, de pantalóns rompidos polo uso, non pola moda; pantalóns multiusos e multifuncións que pasaban de pais a fillos perdida xa a cor azul o mahón orixinario. Camisolas amplas herdadas polos fillos, arremangadas ata case os hombreiros e con máis dun remendo na súa amplísima estrutura; zapatos cuxa sola tiña un ou máis “cráteres” que se taponaban en terra con papel e cartón e que non se levaban ao mar porque non servían; camisas de colo esfiañado polo moito uso; pés descalzos con dedas cheas de sabañóns. Cativos sen salario que baldeaban a cuberta do barco con máis ou menos xeito pero que, en definitiva, non íoan á escola: baldeaban…

Imos voltar a eses tempos?…

A pregunta ten un por que: sinto medo de que se repitan as circunstancias dos anos 40-50 do século pasado, cando os mariñeiros “vellos” (de 25 ou 30 anos) mercaban cuarteróns de tabaco porque o quiñón non “daba” para comprar un paquete de Caldo de Galiña, ou compraban “ao fiado” un cuartillo de aceite para fritir as fanecas da “chona” no almorzo, que o xantar xa se vería: caldo e pan de millo valorento, cun grolo de viño para que “baixara” mellor…

Repetiranse, logo, aqueles tempos?…

O gasóleo pesca supón hoxendía máis do 60% dos custos de explotación dun barco de pesca, e o prezo segue a súa escalada: só no ano 2021 o seu valor incrementou nun 44,4%.

O prezo do combustible pasou dunha media de 0,306 euros no último trimestre de 2020 a superar os 1,1 euros este ano.

A todo isto compre sumar o incremento dos custes das materias primas, enerxéticos, loxísticos, etc., co que a bonificación de 0,20 euros/litro  á frota pesqueira que se subministra de combustible fora de España a través de empresas nacionais queda engulida sen que dera tempo ao mariñeiro a se facer unha idea do que podería gañar..

O freo está á vista, moi á vista. E non ten trazas de que as cousas melloren para  a xente do mar, que xa fala polo baixo dun amarre xeralizado da frota, que oxalá non se produza.

Outros artigos

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

+

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...

+

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...