Comeza a conta atrás para o inicio da XXI Festa Hortera de Porto do Son

26 Xullo 2022

Este contexto post-COVID no que semella que quedou definitivamente atrás o pandemia é un contexto no que regresan os grandes acontecementos estivais que ficaran en paréntese. Na listaxe de grandes acontecementos cuxo retorno celebramos atópase a Festa Hortera de Porto do Son (edición XXI), que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto, ou sexa, o venres 5 de agosto e o sábado 6.

O programa de actividades vén con todos os seus puntos fortes e algún máis de agasallo, incluído un concurso de playbacks que xa ten aberto o prazo de inscrición a través do Facebook da festa (até o 3 de agosto), sendo necesario enviar unha mensaxe para confirmar a nosa asistencia neste singular certame onde, máis que cantar, premiarase e valorarase iso que se vén chamando posta en escena.

A festa comezará o día 5, venres, co desfile charramangueiro (hortera) que está previsto levar a cabo no Camiño Novo. O día 6 será o día grande da celebración, que tamén porá o foco nas novas xeracións de horteriñas (achegándolles xogos e obradoiros). O programa desta xornada inclúe o devandito concurso de playbacks, o desfile grande ou a carreira de tacóns. Máis datos no Facebook da festa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.