A Consellería do Medio Rural apuntou que sobre as 16.10 horas produciuse un incendio na parroquia de O Castro, aínda que finalmente localizouse en Abanqueiro.
No operativo creado para a extinción participaron dous axentes, sete brigadas, tres motobombas e outros tantos helicópteros, ademais profesionais do parque de bombeiros de Boiro.
Desde a Xunta anunciaron que o lume se deu por estabilizado ás 19.33 horas e pasou a estar controlado ás 20.32. Medio Rural estima en aproximadamente dúas hectáreas a superficie afectada




