Entre os puntos que o pleno da corporación municipal vai abordar na sesión ordinaria do vindeiro martes ás oito da tarde, figura o de mutación demanial obxectiva ou cambio de destino do inmoble da antiga Comisaría para proporcionarlle un uso docente.
A este respecto, hai que recordar a modo de antecedente que o Concello someteu a información pública no mes de outubro de 2021 o expediente de mutación sen que se recibise ningunha reclamación,
observación ou reparo.
Así mesmo, o pasado 6 de xullo o alcalde recibiu de mans do comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando Javier Rodríguez Marty, as chaves do edificio, que desta maneira tomaba posesión do mesmo despois de 33 anos prestando servizo aos axentes da Policía Nacional.
Agora, do que se pretende a aprobación dos grupos políticos é o cambio de destino de uso de oficinas polo de uso docente, co propósito de que, deste xeito, poida servir para ampliar o lindante colexio O Grupo.




