
Con motivo da celebración do Día dos Pelegrín que se celebrou antonte, os pequenos e pequenas que están a asistir aos campamentos municipais de conciliación do Verán Cultural organizados polo Concello de Ribeira realizaron un pequeno tramo do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe.

O treito focalizouse na contorna do barrio de Bandourrío, en Santa Uxía, e no parque de Pedra Pateira, tamén en Bandourrío.

Ademais, o alumnado incluso elaborou as súas propias cunchas de pelegrín para mergullarse de cheo na tradición xacobea.




