“Decepción e malestar” – Fernando Bermejo-Rubio

20 Xullo 2022

Escríbolles en calidade de representante da familia Bermejo-Rubio, depositaria, desde hai dúas décadas, de gran parte do legado herdado do noso tío avó Don Victoriano García Martí, no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, en virtude tamén da estreitísima relación de amizade do noso tío avó con Don Ramón do Valle-Inclán.

En particular nos últimos anos, a nosa familia mantivo unha relación cordial co Concello da Pobra, por ser a representación pública da localidade da que o noso parente é Fillo Predilecto, e na que lle foron dedicadas unha céntrica praza urbana, un busto honorífico e a Biblioteca Pública Municipal. Tanto é así que, cando o pasado mes de xaneiro, por iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, descubriuse nesta cidade unha placa dedicada ao noso tío avó, na miña intervención agradecín ao Concello da Pobra “aínda non estando presente ningún representante deste” o labor efectuado en prol do recoñecemento da súa figura.

Agora ben, decatándonos pola prensa da decisión do Concello de destinar unha sala da colección permanente do Museo Valle-Inclán a unha mostra fotográfica allea aos fins específicos de este e dos seus fondos propios, non podemos senón mostrar a nosa perplexidade, a nosa decepción e o noso máis profundo malestar.

Resulta obvio que tal decisión non só vulnera os usos aos que está destinado o Museo “os cales deben axustarse á lei, ao plan museístico polo que merece ser tido como un museo oficial de Galicia, e non ás arbitrarias ocorrencias ou intereses de responsables políticos”, senón que tamén resulta incomprensible e inxustificable desde calquera punto de vista, máxime tendo en conta de que, por canto sabemos, para tales labores (unha mostra proveniente de traballos escolares de alumnos dun I.E.S.) ese Concello dispón de suficientes locais, tales como o propio instituto, a sala de exposicións da Casa de Cultura ou a sala de exposicións da Casa Mariñeira. Por desgraza, isto lembra demasiado as prácticas caciquís doutro tempo.

Independentemente das negativas consecuencias da situación creada por unha decisión do todo desafortunada “só así cabe valorar feitos como a alteración dunha sala de exposicións permanente ou os problemas de seguridade que puidese carrexar”, o que resulta grave e incontrovertible é que a decisión adoptada “de xeito evidente sen unha consulta previa ao responsable técnico de Casa-Museo”, ignorou a lei e a normativa de xestión do patrimonio cultural, vulnerado o respecto debido aos depositarios de fondos e ás personalidades daqueles a quen está dedicado o espazo museístico, todo o cal xera en nós unha profunda desconfianza.

Se a nosa familia decidiu no seu momento depositar os fondos do noso tío avó no Museo Valle-Inclán foi como resultado dos empeños e xestións de profesionais e das garantías que nos ofreceron, polo que entendemos que sería o espazo idóneo para o seu salvagarda e custodia. A situación creada suscítanos serias dúbidas respecto diso.

Dado o desprestixio que o sucedido supón para o Museo e para ese Concello que é o seu titular, así como o profundo malestar xerado “reflectido xa amplamente en prensa”, esperamos do seu bo xuízo poñan fin de inmediato a esta arbitrariedade, instándolles encarecidamente a devolver a sala ao seu anterior estado e a velar, de maneira real e eficaz, polo patrimonio cultural que lles foi confiado.

Reciban un atento saúdo,

Fernando Bermejo-Rubio

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...