22 locais hostaleiros da nosa costa lanzan campaña en Instagram para conectar gastronomía mariñeira e patrimonio subacuático

19 Xullo 2022

Un total de 22 establecementos hostaleiros do territorio Rimartes adheríronse para participar na campaña promocional O prato do tesouro que, dunha forma divertida e a través da rede social de fotografía Instagram, conectará produtos do mar, gastronomía mariñeira e patrimonio subacuático. A acción arrincou o pasado 15 de xullo e estará activa dous meses, até o 15 de setembro, en máis dunha vintena de restaurantes e hoteis da costa galega. Nelas, elaborouse un prato con peixe, marisco ou algas e identificouse en cadansúas cartas como O prato do tesouro para comer, cear ou mesmo, almorzar.

Entre estes últimos establecementos que ofrecerán a primeira comida do día atópanse os hoteis O Mar de Preciosa, de Camariñas, ou Bela Fisterra, en Fisterra. Tamén se sumaron a esta iniciativa o Restaurante Pablo Galego, da Coruña, co seu pastel de fígado de rape con algas e ourizos ou o Parador Nacional Costa da Morte, cun menú de 3 pratos de produtos do mar da comarca ao que bautizou co nome de Menú Panchito, en homenaxe ao naufraxio acontecido preto de punta Lourido.

A través desta iniciativa, poden subir as súas fotos de O prato do tesouro os comensais que gocen da gastronomía do mar na listaxe de locais que achegamos a continuación: Pablo Gallego, A Coruña; Asteria Beach, Caión (A Laracha), Furna Atlántica, Caión (A Laracha); O mar de Preciosa, Camariñas; Mar da Morosa, Carnota; Morada da Moa, Carnota; O Neixón, Carnota; Mercamaris, Corcubión; Bela Fisterra, Fisterra; La Bayonnaise 1803, Fisterra; Praia de Sardiñeiro, Fisterra; O Náutico, Laxe; Material, Malpica; San Francisco, Malpica; A Muradana, Muros; A Furna, Muxía, A Casa do Peixe, Muxía; Parador Nacional Costa da Morte, Muxía; Son de Mar, Muxía; Tío Manolo Hotel, Noia; O Sampaio, Santa Cruz (Oleiros); e A Casa da Canle, Vimianzo.

Como participar?

Os comensais que pidan O prato do tesouro deben sacarlle unha foto á comida, subila á súa Instagram particular, etiquetar ao restaurante e ao proxecto Rimartes, ademais de ser seguidor da conta @rimartesgalicia, para entrar no sorteo de 3 completos packs de experiencias. Cada un destes paquetes, que se poderán gozar até o 30 de novembro de 2022, inclúe unha noite de hotel para 2 persoas en réxime de aloxamento e almorzo e unha cea, tamén para dúas persoas. Os sorteos realizaranse nunha das sedes dos GALP Costa Sostíbel, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur, que promoven o proxecto Rimartes.

O obxectivo final desta campaña é implicar ao sector hostaleiro entre Bergondo e Porto do Son na creación dun produto turístico sustentábel “que teña como eixo central a difusión e coñecemento do noso rico patrimonio subacuático, así como favorecer o traballo en rede e as sinerxías entre os establecementos.

A acción promocional O prato do tesouro enmárcase como dixemos no proxecto Rimartes que impulsan os GALP Costa Sostíbel, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur para “pór en valor a importancia do patrimonio subacuático e a nosa cultura marítima, ademais de dar visibilidade a actividades turísticas, deportivas e gastronómicas que xorden ao redor do mergullo recreativo e dos xacementos visitábeis”.

Entre o tres GALP abranguen 25 concellos litorais como son Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.